Solpor, satisfeita do traballo na Feira Fairway 2025

Solpor no Farway de Santiago

Falamos moito de turismo estes días. Pois ademais do Encontro de Turismo da Costa da Morte, o sector tamén estivo presente nunha nova feira internacional.  

Foi a Asociación Solpor, a que participou estes días, do 9 ao 11, na Feira Fairway 2025. A entidade presidida por Jesús Picallo, reafirma así o seu papel como plataforma de unión empresarial e territorial, promovendo un turismo auténtico, responsable e profundamente humano.

Durante a tres xornadas, a caseta de SOLPOR foi punto de encontro entre empresarios, operadores turísticos, asociacións e representantes institucionais do turismo galego. O balance foi moi positivo: consolidáronse lazos con novos colaboradores, xeráronse contactos profesionais e reforzouse a imaxe dunha rede empresarial unida, sostible e comprometida co Camiño a Fisterra-Muxía e a Costa da Morte.

A asociación agradece especialmente o labor de Begoña, que representou con enerxía aos socios durante os tres días, así como o apoio de Cesáreo Pardal, presidente da Agrupación industrial de Turismo de Galicia. Entre as visitas destacadas, a caseta de SOLPOR recibiu a María Baleato, responsable de Turismo de Santiago; Xosé Regueira, deputado de Turismo da Deputación dá Coruña; e Antón Pombo, historiador e fundador da asociación, ademais de estudantes de Turismo interesados no modelo de xestión colaborativa de SOLPOR. “Somos un equipo que avanza unido, cunha visión sostible e humana do turismo. Este camiño construímolo xuntos, con corazón e compromiso”, destacou Jesús Picallo ao peche do evento.

Máis novas