O talento artístico da Costa da Morte atravesa fronteiras con embaixada.gal

Algúns debuxos do CRA Nosa Señora do Faro polo 25 de xullo

Cada ano, o 25 de xullo e con motivo do Día de Galicia, embaixada.gal, a plataforma universal de emigración que preside a cabanesa Alejandra Plaza, sorprende cun traballo colectivo e internacional que recolle a colaboración de todos os galegos e galegas e amantes de Galicia que desexen participar. Embaixada.gal sempre está a tecer redes e a promocionar Galicia dunha maneira interactiva a través de proxectos años que cada vez se suman máis escolas, asociacións, extranxeiros, particulares…

Este ano, aproveitando a celebración do Xacobeo 2021-22, recoleitou Unha serie de ilustracións e traballos fotográficos cos que realizarán unha nova composición que se descubrirá o 25 de xullo do 2022 coincidindo co Día de Galicia e a continuidade do Xacobeo. A Costa da Morte sempre está presente nos proxectos de embaixada.gal. Os nenos do rural, participan con gran ilusión neste tipo de iniciativas. Os nenos e nenas do CRA da Nosa Señora do Faro nunca fallan e mostraron a través dos seus traballos o significado que para eles ten o Camiño de Santiago.

O CEIP As Revoltas de Cabana organizou un concurso de debuxo e os gañadores Ana Lista, Bruno Gómez e Ander Castiñeira enviaron as súas obras a embaixada.gal para formar parte do proxecto internacional representando a todos estudantes do centro.


Debuxos do CEIP As Revoltas

Por outro lado, descubrimos o talento da Costa da Morte espallado polo mundo.

A laxense Jennyfer Cousillas naceu en Toledo fai 26 anos. Durante 20 anos disfrutou alí dunha infancia e Unha adolescencia increíble. Alí estudou un grao medio de panadería, repostería e confitería na universidade laboral. Aínda que lle gusta e o disfrutou moito non se sentía realizada e optou por traballar de cara ao público. Durante os últimos 6 anos intentou facer a súa vida en Laxe pero tampouco se sentiu ao 100% feliz. Os amigos e as raíces que en Toledo deixou foron as causantes de voltar a casa, enfrentarse a novos cambios e retos nesta nova etapa da súa vida na cidade imperial e antigua capital de España.


O debuxo de Jennifer Cousillas

"Este debuxo significa o atalogo dun camiño duro pero cargado de Forza, espíritu e satisfacción por lograr o obxetivo ao igual que cando se chega á catedral de Santiago...disfrútase do recorrido e atópase a paz mental e a forza interior, coñeces a moitas xente día a día que se converten en amigos. Horas e horas de soedade pero chea de orgullo e metas que lograr. Dúas palabras son as que millor describen está ilustración: grazas... camiño”.

Iván Landeira Pazos aínda que garda orixes en Borneiro naceu no barrio do Conxo en Compostela. Leva 21 anos vivindo na cidade inglesa de Brighton. A música alternativa, o folclore Londres-Brighton Connection e unha gran comunidades española e europea de estudantes e emigrantes fixeron del o que é hoxe. Estudou artes plásticas no actual Metropolitan College. O seu traballo como conserxe na universidade de Brighton sende o 2016 permítelle viaxar con flexibilidade a Galicia.

”Creo que non hai conto sen historia e sempre hai que facer o ben e interpretar o que un experimenta en facer as fases da vida. Debuxando podemos plasmar parte disco, do qué non se ve e a versión depende do observador. Tamén pode servir para contar”.


Debuxo de Iván Landeira