Todos os Concellos da bisbarra agás Coristanco reciben axudas da Deputación para os técnicos deportivos

Os técnicos municipais da Costa da Morte, en presencia dalgún alcalde, nunha presentación dun dos Circuitos

Un total de 75 concellos da provincia da Coruña teñen axuda da Deputación para contratar a técnicos deportivos municipais durante o ano 2016. Na Costa da Morte, 17 dos 18 concellos QPC (coa excepción de Coristanco) recibirán unha achega de entre 6.250 e os 9.000 euros para afrontar a contratación anual dos técnicos deportivos.

Importante esta achega para manter os postos de traballo desas figuras municipais, como son os técnicos deportivos, tan importantes na nosa bisbarra. Uns técnicos comprometidos (uns máis que outros, tamén hai que dicilo) que artellan iniciativas vertebradoras como os programas de Andainas Coñecendo a Costa da Morte, ou de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte.

CONCELLO IMPORTE SUBVENCION
CABANA 8.997,39€
CAMARIÑAS 8.998,72€
CARBALLO 9.000,00€
CARNOTA 8.987,74€
CEE 9.000,00€
CORCUBION 8.996,54€
DUMBRIA 9.000,00€
FISTERRA 8.991,79€
LAXE 9.000,00€
MALPICA 7.488,80€
MAZARICOS 9.000,00€
MUROS 8.998,91€
MUXIA 8.995,48€
PONTECESO 8.986,72€
SANTA COMBA 9.000,00€
VIMIANZO 9.000,00€
ZAS 8.994,07€

Fonte

  • Deputación da Coruña.