Un accidente con dous feridos provoca serios atascos en Coristanco
13 de outubro de 2014 (20:02 h.)
Esta tarde de luns, arredor das 16:30h, tiña lugar na AC-552 un novo accidente de tráfico entre 4 vehículos. Dúas persoas quedaron feridas, e mesmo houbo unha persoa que quedou atrapada no vehículo.
O accidente tivo lugar xusto ao pasar, sentido Fisterra, os almacéns Rodríguez. E tiveron que intervir os Bombeiros de Carballo, Urxencias, Protección Civil e o GES de Ponteceso.
O accidente provocou atascos considerables na zona.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).