Un concurso busca a mellor foto laboral

Continúa en marcha a proposta en forma de blog Traballar e formarse na Costa da Morte, que recolle todas as iniciativas formativas e todas as ofertas laborais que teñen lugar nos concellos de Bergantiños e Costa da Morte. E desta volta chegan cunha bonita idea.

O Concurso de Fototraballo busca esa imaxe relacionada co eido laboral e coa Costa da Morte que sirva de portada do mesmo blog.

O prazo remata este mesmo xoves 28 de abril, así que xa estades mandando as vosas imaxes a traballarnacosta@gmail.com ou a través do Facebook de "Traballo e formación na Costa da Morte".

Novas relacionadas

Fonte