Un detido en Carballo por roubarlle o bolso a unha viandante
17 de xullo de 2014 (14:00 h.)
Os axentes da Garda Civil detiveron pasado martes en Carballo a un veciño da localidade por un suposto delito de roubo con violencia e intimidación.
Os feitos aconteceron na vila carballesa cando, ao parecer, o imputado abordou a unha muller que camiñaba pola rúa Urugay e, despois de forcexear co ela e tirala ao chan, puido sustraerlle o bolso.
O suposto autor dos feitos deuse á fuga. Momentos despois, os gardas civís conseguiron localizado e recuperar os obxectos roubados.
O detido foi posto a disposición do Xulgado de Garda de Carballo.