Un ferido tras un novo accidente na costa do Carrizal

Un novo accidente de tráfico, no que se viron implicados dous turismos, tivo lugar a pasada tarde de martes na perigosa travesía do Alto do Carrizal, na parroquia de Agualada, en Coristanco. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, os vehículos accidentados estaban sen sinalizar e nunha zona perigosa. Por mor do impacto, un home tivo que ser trasladado ao centro hospitalario de referencia.

Dende o CIAE 112 Galicia informouse do sinistro á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Bergantiños, a Protección Civil de Curtis e de Coristanco e aos efectivos do GES de Ponteceso.

 

Accidentes 2017

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • 112