Un kamikaze conduce 10 km en sentido contrario pola autopista da Costa da Morte

A Garda Civil está a investigar a unha persoa por conducir durante 10 kilómetros en sentido contrario pola autopista da Costa da Morte. O conductor, un santiagués de avanzada idade, pretendía chegar ata a súa segunda residencia en Malpica de Bergantiños. Os feitos ocorreron entre o kilómetro 33 e 43 da AG-55, entre os termos municipais de Carballo e Coristanco.

Outro conductor máis a súa acompañante, que viaxaban no carril contrario ao sentido correcto, foron quen de alertar ao home mediante gritos e repetidos avisos co claxon. Tal e como se observa no vídeo que gravaron, tras varios kilómetros percorridos en paralelo, conseguiron fnalmente que o conductor se detivese na mediana. 

O kamikaze considérase autor dun delito contra a seguridade vial ao conducir con temeridade manifesta poñendo en concreto perigo a vida ou a integridade das persoas.