Unha liña verde de crebas
02 de setembro de 2019 (14:19 h.)
Unha liña verde de crebas
Curiosa e simbólica a iniciativa de concienciación medioambiental que propón a artista Belem Tajes. A camariñá vén de atopar en apenas uns días ducias de metros de redes, de cabos procedentes da industria pesqueira. Sorprendida ante a cantidade de metros de metros destas específicas crebas, propón enlazar Malpica e Fisterra cunha liña verde.
Deste xeito, e a través do Camiño dos Faros, propón que todo o mundo vaia recollendo e enlazando anacos de redes, para tecer os 200 km da Costa da Morte, para “chamar a atención para que isto acabe e deixe de ser unha auténtica vergonza”.
Novas relacionadas
- 14 barcos de Corme únense á unha campaña internacional de reciclaxe de plásticos no mar.
- Volven aparecer galletas de chapapote nunha Praia de Nemiña onde a recollida de lixo é inexistente.