Unha man de pintura para o refuxio de Verdes
Bo momento para anunciar obras. A Xunta vén de anunciar que abril comezarán as obras do proxecto de mellora e acondicionamento da área recreativa de Verdes, en Coristanco, co obxectivo de reforzar o seu atractivo e protexela fronte ás enchentes.
Ata visitou a zona a Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Infraetruturas, Ethel Vázquez, que sinalou que estarán rematadas en verán. Pero curiosamente non avisaban ao resto de grupos da corporación, segundo nos indica o BNG, "o que demostra o seu carácter partidista e electoralista, e o nulo respecto que o goberno municipal ten cara os mínimos de protocolo democrático", denuncia o grupo nacionalista.
O caso é que continuas enchentes do río durante a época invernal, xunto coa elevada humidade existente na zona, fai precisa unha actuación de acondicionamento e mellora deste enclave que contribúa á súa posta en valor. Por iso, é necesaria a limpeza do leito do río, coa retirada manual das ramas caídas; a reparación da cuberta e as paredes do refuxio de pescadores; a substitución dos pontóns de madeira en mal estado; e a renovación e reparación do mobiliario.
Un espazo moi visitado, tanto por turistas como por afeccionados á pesca fluvial: estímase que preto de 2.500 pescadores se achegan aquí ao longo de cada tempada.
Novas relacionadas
- RecunchosdaCosta: O Refuxio de Verdes.
Fonte
- Xunta.