A Xunta asegura que xa está a traballar na licitación do proxecto construtivo da prolongación da AG-55 ata Berdoias

Imaxe do desmonte realizado na zona de Berdoias hai máis de 10 anos
Cando xa se albiscan os primeiros, tímidos, movementos na zona de Santa Irene das obras do novo treito de Corredor ata Vimianzo, dende o BNG piden xa comezar aos trámites do proxecto da segunda fase de prolongación da AG-55, entre a AC-432, en Calo (Vimianzo), e o cruce de  Berdoias. Lembran que os movementos de terras que levan feitos máis dunha década, e que os trámites se poden realizar ao mesmo tempo que se executa o treito ata a AC-432, a estrada que une Vimianzo e Camariñas.

 

Así llo sinalou o deputado Oscar Insua na na Comisión 2ª de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos do Parlamento galego, á directora da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), María Deza Martínez, que sinalou que a Xunta está a traballar na licitación do proxecto construtivo da segunda fase de ampliación da autovía.

Oscar Insua lembrou que “pasaron máis de 20 anos desde que o PP anunciou o Plan Galicia logo da catástrofe do Prestige, e segue incumprindo os seus propios compromisos; os agravios á nosa comarca son máis que evidentes”. O deputado tamén criticou que “o Plan MOVE, que foi impulsado en 2010 polo Partido Popular na Xunta, está sen executar logo de 16 anos; aparte da ampliación ata Berdoias, falta a conexión ata Cee e o porto de Brens”.