Vías para que a xuventude costeira coñeza mundo
Unha das poucas que se preocupa en espallar os programas da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado é a OMIX de Santa Comba, que trata de manter informado aos mozos da bisbarra.
Non cabe dúbida que o Erasmus é unha desas oportunidades que non se poden deixar pasar. Estar un ano, como estudante, fóra de España, crea unha aprendizaxe difícil de igualar. Esta semana, a OMIX informa das posibles vías de ir facer ademais unha Ruta Quetzal, ou un máis que interesante servizo de Voluntariado Europeo. Hai varias posibilidades, como facelo en Francia sobre tempo libre, en Rumanía de natureza, ou en Liechtensteib de pedagoxía social, entre outros.
Por Galicia
Acehag tamén a OMIX o programa Xuventude Promete, que promove e estimula o emprendemento nos moz@s de 14-18 anos. Trátase dunha estancia de 3 dias nunha Residencia Xuvenil de Lugo, os xóvenes realizarán obradoiros, xogos e actividades q fomenten e expandan a súa creatividade. Hai un formato de inscrición individual ou a través dos Centros Educativos e o prazo é ata o 9 de Febreiro.
Podedes ampliar toda a información na OMIX de Santa Comba (Edificio Multiusos, tf 981 818710.
E os informan tamén do programa Conecta con Galicia, que ten por finalidade facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares.