O pasado venres, as educadoras sociais de Vieiro presentaron o "Estudo dos hábitos de uso das novas teconoloxías"
Baixo o título "Estudo dos hábitos de uso das novas tecnoloxías" as educadoras sociais da asociación antidroga Vieiro - María José Dosil e Miriam Romero - presentaron o pasado venres un estudo piloto que naceu co obxectivo de coñecer os hábitos dos nenos e neas na rede. O estudo enmárcase dentro do programa de prevención Desenrédate e nel participaron un 600 menores do municipio de Carballo con idades comprendidas entre os 9 e os 11 anos.
Durante a presentación, as profesionais sinalaron que os resultados serven como unha primeira aproximación para coñecer os riscos e as oportunidades aos que se enfrontan os menores no uso das novas teconoloxías a través do móbil, videoxogos, aplicacións ou redes sociais.
Os datos
Case un 64% dos encuestados recoñeceron que entre a semana - luns a xoves - pasan entre 0 e 2 horas diarias diante dunha pantalla mentras que o 18,34% recoñece que lle adica entre 2 e 4 horas ás novas tecnoloxías. Os datos varían, e moito, durante a fin de semana. Ainda que o 38% dos menores encuestados afirman adicar entre 0 e 2 dúas horas diairias, "son significativas e preocupantes as porcentaxes que se rexistran nas demais franxas horarias", sinalan dende Vieiro, xa que estes datos reflexan ao seu parecer un uso abusivo das novas teconoloxías de información e comunicación.
0-2
2-4
4-6
6-8
8-10
10-12
12-14
+
Cantas horas adicas diariamente a "pantalleos" de luns a xoves
63,87%
18,34%
9,39%
3,96%
2,51%
0,53%
0,53%
0,53%
Cantas horas adicas diariamente a "pantalleos" de venres a domingo
38,01%
27,13%
14,56%
12,85%
3,70
2,54
1,49
1,32
O smartphone é o dispositivo máis empregado polos menores encuestados seguido da tablet e da videoconsola. As aplicacións máis usadas nos teléfonos son WhatsApp, Instagram, Youtube, Facebook, Snaptchat y Musically.
Entre os tipos de xogos cos que se entreteñen coas videoconsolas destacan o Clash Royal - un xogo combinado de cartas e estratexia - e o Fifa - xogo de fútbol -. Séguelle o Minecraf - un xogo creativo de construcción de "mundos abertos" -, seguido do GTA indicado para maiores de 18 anos e coñecido polo seu contido violento e "nada recomendable".
Con descoñecidos
A maioría dos encuestados neste estudo recoñeceron que xogan online con descoñecidos, seguidos dos que xogan en familia ou solos/as.
Desde a asociación Vieiro destacan a responsabilidade da familia neste eido e descatacan a necesidade dunha labor preventiva con programas como Desenrédate o cal proporciona información sobre as vantaxas e os riscos das novas tecnoloxías, formación teórico-práctica para un uso seguro e a promoción de alternativas de ocio saudables. "De todos é coñecido que os nosos nenos e nenas naceron na era dixital, pero iso non significa que sepan empregalas de forma axeitada e responsable. É responsabilidade de familias e educadores/as o facilitar unha incorporación positiva da tecnoloxía e un bo uso da mesma. As potencialidades son infinitas e os riscos evitables", sinalan dende Vieiro.