Vimianzo exporta cidadanía europea ao Ministerio

Rosa Sanchez levou Vimianzo como exemplo ao Ministerio

Este pasado xoves, a Sala de prensa do Ministerio de Cultura e Deporte de Madrid, acollía un Taller sobre proxectos de memoria histórica europea, irmandamento e redes de cidades. E un dos tres casos prácticos analizados nesta sesión dirixida a autoridades e entidades, era Vimianzo.

Ata alí desprazouse a versátil ADL municipal, Rosa Sánchez, para explicar o Proxecto de Vimianzo “Europa cos cidadáns” como caso práctico de Redes de Cidades. I é que Vimianzo vén de ser unha das dúas propostas de toda España aprobadas por Europa para formar parte deste programa (presentáronse 159 candidaturas e das 16 aprobadas só son 2 españolas, Vimianzo e Curtis).

Deste xeito, e como Vimianzo, nomeadamente Rosa, xa estivera nunha sesión semellante en febreiro de 2017, acodían a estes talleres para explicar como se solicitan estes programas correctamente.

”Dende o Ministerio consideran que en Vimianzo estamos acertando moi ben nas formulacións das peticions das axudan e por iso nos poñen como exemplo de casos practicos”, explícanos Rosa. Tanto que o responsable do Ministerio interrumpía cada dous por tres a Rosa, apuntando cousas como “fixádevos nisto que é o que hai que facer”, destacando así a calidade técnica e boa metodoloxía do Concello de VImianzo para con estes programas.

O proxecto vai ser moi bonito para a capital de Soneira,, mesturando patrimonio con identidade e cidadanía, e terá 7 encontros trasnacionais.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/vimianzo-volve-fundirse-ca-cidadania-europea-en-clave-de-patrimonio/ https://quepasanacosta.gal/o-concello-de-vimianzo-participa-nas-xornadas-de-europa-cos-cidadans/