Un xullo de verbenas

Festas de Xullo na Costa da Morte 2022

Facemos, coa axuda da verbeneira Laura Louzán, un repaso ás Festas máis singulares deste mes de xullo.

O lío xa comeza este sábado aínda cos ecos do Socorro, en Vilastose-Senande (Muxía)

O San Cristovo celébrase esta fin de semaan en Cee este venres coa Mega CDC e o Duo Ciclón

En Codesos Cee o domingo 10 coa orquestra Gran Parda e Disco Mobil Fabrik e o luns dia 11 Coa Orquestra A Bamba e a Mega CDC

Seguimos por Carnés o dia 9 coa Fagía, esa cita centenaria, que ademais de callos trae a actuación de GALVAN REAL e Mega CDC. O domingo 10 coa Paris de Noia e Acordes; o luns 11 co Combo dominicano e Alabama e Martes 12 con Olympus e o grupo Unión y Fuerza.

E en Baio, o San Cristovo, ademais da procesión motorizada, o día 9 trae na verbena con Metrópolis e Mega impacto; o dí 10 co Grupo Bomba e Unión y Fuerza, e o luns 11 con Foliada e coa Orquestra Los Coleguitas.

Para a seguinte fin de semana do 16 e 17 de xullo, toca o Carme. O Carme de Zas, con Cinema e CDC o día 15; Pontevedra e LA Bamba o 16, e para o 17 Fusión e Dk Rokiño.

O Carme en Corcubión coa Orquestra ALkar e a Mega CDC (día 16). 
O Carme do Briño en Borneiro con actuacións como New York e Union y Fuerza (días 18 e 19)

Pero o meirande Carme destas datas é o de Camariñas, que ademais de procesión marítima, a xoia destas festas, teremos o 16 do Grupo Bomba e Orquestra Españoles e o 17 a Paris de Noia e Orquestra Acordes.

 

Xa para o Apóstolo temos en Pasarela - Calo (Vimianzo), o día 23 ao Combo Dominicano e CDC; o 24 Atenas e Fabrik; e o 25 : Duo Festa e DJ Rokiño, un dos protagonistas do verán.

As Festas en Cereixo chegan o 24 con Mega CDC e grupo Bomba; o 25 con Orquestra Miramar e Los Satélites; e o 26 con Acordes e Fania Blanco Show

E a Santa Margarita de Muiño de Zas, ademais das merendas familiares, trae o 26 nada menos que á Solara e o Combo Dominicano.

 

Outras citas na Axenda Costa da Morte