#AxendaCostadaMorte chea de sabor, verbena e arqueoloxía para estrear setembro

Primeira fin de semana de setembro pero a #AxendaCostadaMorte segue ben chea de cousas que facer. Son moitas as actividades que remataron co fin de agosto, pero aínda así teremos dende verbena a simposios culturais, pasando polas sempre exitosas citas gastronómicas.

Pero antes, coma sempre, o parte de 4gotas.com neste o que pode ser o verán con máis días de sol (e ausencia de chuvias) en Galicia ou un dos que máis. E setembro comeza igual!
Influencia anticiclónica sobre Galicia que nos deixará vento do nordés frouxo en xeral o venres e moi pouco vento na fin de semana. Esa ausencia de vento axudará a formación de néboas sobre o mar.
Será o único que elemento que afecte ao sol. Polo tanto falaremos de ceos azuis e temperaturas veraniegas en toda a Costa toda a fin de semana, agás esas néboas que afectarán moi posiblemente o sábado aos arredores de Malpica xa pola mañá e cara á Coruña a partir do mediodía.
Desde Muxía, ou mesmo desde Camariñas, ata Muros non afectarán esas néboas.

Simposio do Megalitismo

O Simposio de megalitismo da Costa da Morte “Da Arqueoloxía á Promoción Turística”, desenvolveráse os vindeiros 2, 3 e 4 setembro na Casa da Cultura de Vimianzo. Será un compendio de charlas e visitas arqueolóxicas de primeiro nivel.

Citas gastronómicas

A Ruta de Tapas Malpica Sabe a Mar será un éxito con toda seguridade. Estas propostas gastronómicas nunca fallan. Do venres ás 19:30h ata o mediodía do domingo, tapas para todos os gustos.

Ademais, o sábado teremos tamén a I Xornada da Exaltación do Mexilón no Pindo.

 

Festas

- Festas en Baio: Sempre esperadas as festas de setembro de Baio, que terán o cumio o domingo cos fogos.

- Festas en Baíñas: Venres, sábado e domingo, festas patronais na vila vimiancesa.

- Festas en O Esto: Por Cabana, as Festas de San Ramón de O Esto arrincan o venres coa VII Festa do Porco ó Espeto, e continúan con moita verbena ata o domingo.

- Festas das Neves: En Buxantes, Dumbría, celebran as Festas das Neves, este sábado 3 e o vindeiro xoves 8.

- Festas do Sacramento de Camelle: Por Camelle, o Sacramento celébrase a golpe de verbena sábado e domingo.

- Festas de San Ramón de Vigo-Mallas: Por Fisterra, as Festas de San Ramón de Vigo Mallas chegan sábado e domingo.

 

Outras citas

  • Concerto de Serj en Laxe: A Ventana non falta á cita cos concertos e xa prepara a visita de Serj, para este venres 2 de setembro ás 23:30h.
  • Teatro en Muxía: Dentro da Semana Cultural da Barca, este venres, toca teatro con Talía en Muxía. Ademais, o sábado é a escola de Teatro a que representará Lisístrata.
 

Exposicións

  • O salón de actos do Voluntariado de Muxía acolle ata o vindeiro 7 de setembro unha exposición dos cadros de Yoshiro Tachibana, falecido recentemente.
  • Exposición no Faro Vilán: do 02 e ata o 30 de setembro, poderán disfrutar na sala que xestiona a asociación no faro Vilán da exposición de pintura “50 FAROS DE GALICIA” de Javier Toba.
 

Máis información

 

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)