A #AxendaCostadaMorte despide un completo mes de outubro
28 de outubro de 2016 (08:15 h.)
- Programación en sala. Esta noite, ás 21 horas, Paolo Nani Teater (Dinamarca) trae o seu espectáculo, "A Carta" no que sen palabras contará unha historia cargada de risas. O custe da entrada é de 7€. E mañá sábado chegará a esperada estrea en Galicia de "La Estupidez"; unha obra de Feelgood Teatro na que cinco actores interpretan 25 personaxes.
- Ademais da programación en sala, distitnos locais hostaleiros de Carballo ofrecen tapas especiais dentro do programa "Dálle un bocado ao Fiot".
- A sala Dublín de Carballo acolle mañá, a partir das 12 da noite, o concerto de Os Revenidos (en sustitución do espectáculo que IGMIG tiña previsto realizar na programación da Rúa dos Contos).
- "Que comerá o rei?" é o título do monólogo que protagonizará mañá Candido Pazó dentro do programa do Mes da Fundación organizado pola Fundación Fernando Blanco de Cee. O espectáculo comeza ás 20:30 horas na casa da Cultura de Cee.
- Isi - José M. Rodríguez - será o encargado de pechar esta noite o 2º ciclo de monólogos RíXallas 2016. O seu espectáculo cargado de humor comeza ás 22 horas no edificio Multiusos de Santa Comba.
- O audiotorio da casa da Cultura de Vimianzo acolle mañá a obra de teatro "A Casa de Bernalda Alba" da compañía de teatro e danza El Ruiseñor. A función comeza ás 21:30 horas e a entrada é de balde.
- Este domingo continúa a X mostra de Outono de Teatro de Laxe coa obra "A saco!!!" de Metátese Teatro de Palas de Reis. A función comeza ás 19 horas no salón de actos do concello.
- A Eira de Ponteceso acolle este sábado un concerto da banda xalleira Grand Soul Band, que está de xira pola bisbarra presentando o seu novo disco. Compartirán escenario ca banda punk Kostra da Morte
- Hugo Torreiro e Carlos Bau ofrecen mañá - a partir das 23:30 horas - un concerto en A Lareira de Vimianzo.
- Dentro do 5º Outono en Marcha de Senda Nova, este domingo desenvolverase un roteiro por "Razo-Baldaio para protexer". A ruta é duns 14 quilómetros e é e dificultade media-baixa.
- A agrupación deportiva Abellariza de Ponteceso organiza para este domingo unha andaina ao longo do río Anllóns de 14 quilómetros de distancia. A saída é ás 10 horas da praza do Recheo da vila.
- O centro cívico de Malpica acolle durante todo o mes de outubro a exposición fotográfica de Marcos Rodríguez “Asunción, María e José”. Cada unha das fotos conta unha historia vital, que invita a viaxar no tempo, sentir o calor da lareira, o peso das zocas nas lameiras, o suor tras unha dura xornada de traballo na leira…
- Xunto a esta exposición estarán as fotografías recuperadas despois do paso das "Misións Pedagóxicas" por Malpica no ano 1933.
- Esta exposición compartirá espazo coa mostra fotográfica sobre as Misións Pedagóxicas que chegaron a Malpica un 20 de outubro de 1933.
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
- As Torres do Allo, en Zas, poderanse visitar os venres, sábados e domingos de 11 a 19 horas.
- Ponteceso celebra mañá e o domingo a XXVI feira das Fabas e outros productos da terra. Haberá música, degustación e venta de fabas, xogos tradicionais e verbena da man de Ciudad Cristal.
- Continúa o programa Vimianzo Gastronómico no que varios restaurantes da vila ofrecerán por 20€ por persoa menús degustación con productos propios da época e da zona.
- Esto domingo ponse en marcha a quinta edición do Outono en Marcha de Senda Nova. Percorrerán a “Senda das Capelas” de A Laracha.
- Distintas localidades do concello de Cabana acollen mañá o 2º encontro Postcrossing en Galicia. A actividade desenvolverase durante a mañá e a tarde.
- No Centro Comercial Finisterrae en Cee celebran mañá o #hallowenn con inchables, xogos e monstros. A cita comeza ás 18 horas.
- Os adolescentes de Vimianzo teñen hoxe unha cita na casa da Cultura co Noiteando. Haberá un especial Samaín cunha cociña e un baile de medo!.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).