A #AxendaCostaDaMorte énchese de música e teatro
10 de decembro de 2015 (07:25 h.)
- A parroquia vimiancesa de Tines honra esta fin de semana a santa Eulalia. Mañá, Fania Blanco Show encargarase de amenizar a sesión vermú e na verbena compartirá escenario con Cinema. E para a sesión vermú do domingo, tócalle o turno ao Dúo Diamante.
- En Nantón - Cabana de Bergantiños - tamén hai festas este sábado en honor a santa Lucía. Atenas e París de Noia encargaranse da música.
- Tamén en Brens - Cee - vivirán unha fin de semana a ritmo de orquesta. A compañía Triunfo encargaráse de amenizar a sesión vermú e compartirán escenario pola noite co minidisco CDC.
- O Woodstock Cafe de Cee acolle a partir das 23:00 horas de hoxe o concerto de Alan Acoustic Project.
- O Celme de Vimianzo encherase este sábado, a partir das 23:59 horas, de música rock da man de Los Villanos que interpretarán versións de grupos como AC/DC, Aerosmith, Deep Purple, Led Zeppelin, Queen,...
- Tamén o sábado, ás 22:30h toca concerto de “LOS JINETES DEL TROPICO” no CunKcafé da Ponte do Porto.
- Os locais hosteleiros de Cee vivirán entre as 19 horas e as 22 horas do sábado unha vella tradición: Os cantos de taberna. Seis grupos de música tradicional encargaránse de percorrer os establecementos e animarán aos clientes a que se sumen á festa.
- A AC Pepe Valiña celebra este domingo o XII Memonial Pepe Valiña. Será cun certame de corais que baixo o lema "Danos a lata!" no que reúnen o coro xoven da ESMU Pepe Valiña de Baio, a coral San Salvador de Pazos (Ponteceso), a coral polifónica San Valentín de Fene e a coral Xan Mella de Baio. Os asistentes poden levar unha lata de conservas para doar a Cáritas. A cita é ás 20 horas na igrexa nova de Baio.
- En Malpica vivirán unha intensa fin de semana co peche da XI Mostra de Teatro. Así, entre hoxe e mañá haberá tres actuacións dirixidas a distintos públicos. Hoxe hai sesión dobre de teatro no Centro Cívico de Malpica. Pola mañá, ás 11:30 horas, os nenos de 4 a 8 anos, teñen a oportunidade de ver "Rosa Caramelo"; unha comedia infantil de Talía Teatro – Fundación Escolar.
- E xa pola noite, ás 20:30 horas, Talía Teatro trae para o público adulto, maiores de 13 anos, a súa obra “Demolición”. Este comidrama é unha proposta entre o humor e a emoción, entre a dor e o pracer, entre o divertimento e a reflexión. Unha situación, un conflito, personaxes e diálogo. Catro pés para o banco da comunicación teatral. Hai outros. Pero quixemos probar se chegaba con estes para que o banco se mantivese en pé.
- O peche da XI Mostra de Teatro de Malpica correrá a cargo da compañía local Os Amigos de Malpica, que actuarán o sábado ás 20.00 horas. O grupo que dirixe Andrés Mourente interpretará "O cantar dos cantares", unha peza cómica na que unha rexoubeira, e un crego autoritario, nunha aldea galega da década dos anos 50, queren impoñer o seu pensamento a toda aveciñanza e argallan todo tipo de estratexias para sometelos ás súas ideas.
- Continúa en Vimianzo o programa "Decembro teatreiro" da man de Talía Teatro que interpretará a súa obra "Mil primaveras". A cita é o sábado na casa da Cultura vimiancesa a partir das 21 horas.
- Malasombra Produccións actúa o sábado no centro cultural e xuvenil de Muros onde, a partir das 21:30 horas, interpretará a súa obra "Go on". Esta comedia, protagonizada por Jouse García e Xoque Carbajal, está recomendada para público maior de 14 anos.
- O Olimpo Celta exponse o sábado ao debate. A asociación Monte Pindo, en colaboración co concello de Carnota e a confraría de Pescadores do Pindo, organiza o “IV Simposium Monte Pindo: o Olimpo Celta a debate”. Un foro que terá lugar a partir das 11 horas no Pósito dos Pescadores do Pindo.
- Mañá sábado hai cita arqueolóxica en Fisterra. Pola mañá realizarase un roteiro polos Castros Nerios (Castromiñan, Castro Castelo e Castro de Duio); e, pola tarde, unha charla que servirá de presentación do Proxecto “Castros de Fisterra”.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)