A #AxendaCostadaMorte súmase ao Cocido Day

Segundo indican os compañeiros de 4gotas.com, esta fin de semana virá marcada por un tempo "propiamente invernal" que dará pé a combatilo cun bo prato de cocido. Precisamente mañá celébrase o #CocidoDay; un evento que naceu en Galicia fai un par de anos e que agora se extende a todo o territorio nacional. Son varios os lugares da bisbarra os que esta fin de semana xuntarán a un bo grupo de comensais arredor dunha fonte de cocido, ainda que moitas dos encontros non teñan nada que ver con este evento dos "frikis" das redes sociais. Antes de facer un repaso polas principais citas da #AxendaCostaMorte dámoslle un vistazo ao parte meteoróloxico. "Hoxe baixarán as temperaturas de xeito moi brusco tras o paso do frente da pasada noite. Esta entrada de aire frío virá acompañada de precipitacións, polo que é probable que caia algúnha sarabiada en calquera punto da Costa da Morte e durante todo o día. Na tarde e noite poden vir acompañadas dalgunha treboada illada. Baixará a temperatura na noite de hoxe, madrugada e mañá do sábado pode nevar nos cumios máis altos da bisbarra. En Mazaricos e Santa Comba por riba dos 300 metros poden ver folerpas e mesmo en montes por riba dos 400 metros acabará callando. Mañá sábado seguirán as precipitacións e o risco dalgunha treboada e  saraibada. Tamén haberá vento forte do noroeste durante todo o día. O domingo rolará o vento ao nordés. Seguirá zoando forte e as precipitacións serán moito máis illadas. Caerán de madrugada en case calquera punto e xa na mañá so haberá algunhas no interior e nos arredores de Malpica. Moito máis febles e intermetitentes cas do sábado, predominando o sol entre Muxía e Muros. Na madrugada do domingo haberá xeadas xeneralizadas e polo día subirán un chisco as temperaturas. Malia iso, o vento do norte seguirá deixando sensación de frío. Gastronomía Teatro
  • Remata o "Febreiro Pequeneiro"  de Vimianzo. Cé Orquestra Pantasma deleitará aos cativos e aos maiores cos espectáculos “A xogar, cantar e bailar” e “Fíos do querer”. A cita é mañá sábado, ás 18:30 horas, na casa da Cultura vimiancesa.
  • Humor e gastronomía dánse da man esta fin de semana en Muros. Limiar Teatro leva mañá ata o auditorio do centro Cultural e Xuvenil de Muros a súa obra “Don Quixote. Unha comedia gastronómica”; un espectáculo para toda a familia que comeza ás 18 horas.
Concertos  

Máis información

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)