A Biblioteca Rego da Balsa acolle tres novas citas

Sabendo que está entre as cinco máis utilizadas de Galicia, a Biblioteca Rego da Balsa de Carballo xa ten programadas unha gran cantidade de actividades que se desenvolverán durante este mes de setembro. A primeira cita será o vindeiro xoves, ás 20 horas. Trátase dun faladoiro coa Cruz Vermella no que se dará a coñecer os proxectos que desenvolve a entidade en Carballo así como o seu funcionamento. A seguinte cita será o venres 23, ás 19:30 horas, co presentación de “Derribos Arias. Licencia para aberrar”, de Carlos Rego, na que se fará un percorrido pola historia dunha das bandas máis innovadoras do panorama musical dos oitenta. Xa o xoves 29 de setembro, ás 19 horas, terá lugar a proxección da curtametraxe  “E boteime a andar”, de Pablo Lomba coa que se pecharán as actividades do mes. No documental os diferentes protagonistas contarán a súa experiencia sobre a emigración galega. O filme gañou o premio á mellor realización na II edición do concurso de Curtametraxes Sociolóxicas. Ademais, os membros da asociación de Irmanamento de Carballo con L’Isle Jourdain continúan co seu clube de lectura “Sábados de Literatura Francófona”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Biblioteca Rego da Balsa