A milagre de Milagros Cotelo estrea os Faladoiros da Biblioteca Rego da Balsa
Xa a escoitou media Galicia no Tedxgalicia celebrado na capital carballesa. Pero aínda moitos veciños que non coñecen exactamente o alcance do que fai esta brava muller. Para os que aínda non a coñecen, terán unha boa oportunidade na nova proposta da activísima Biblioteca Rego da Balsa de Carballo: Os Faladoiros.
Será a artista carballesa Milagros Cotelo a encargada de comezar este ciclo este xoves 5 de marzo ás 19:00h. Milagros é un exemplo de capacidade que se pode apreciar nas súas obras, na súa actitude vital e na súa participación activa en múltiples actividades e propostas artísticas, formativas, culturais, sociais... Todo un exemplo de superación e actitude vital que está reforzado polos impedimentos físicos.
Será a primeira cita desta serie de Faladoiros, a través dos cales, cada primeiro xoves de mes unha persoa compartirá coas demais a súa experiencia, ou as súas ideas e propostas, ou introducirá un tema concreto para logo, entre todos, falar e debater sobre el.
Deste xeito quérense dar a coñecer experiencias e ideas interesantes, propostas das que todas e todos podemos ter moito que aprender, que poden axudar a mellorar as cousas, sobre as que cómpre falar, debater.
Novas relacionadas
- A tribu tecnolóxica galega avalou o #Fainoti con 10 historias singulares no TedxGalicia.
- #ABiblioPréstame.
Fonte
- Servizo de Normalización do Concello de Carballo.