As Anpas da Costa da Morte propón un programa de reutilización de libros de texto

Xa está en marcha a nova Federación de ANPAs da Costa da Morte. E entidade, en pleno proceso de constitución, xa realizou varias reunións, a última celebrada o pasado xoves 3 de xaneiro, con dous temas de relevancia.

Por unha banda aprobaron organizar unha xornada de formación para o sábado 26 de xaneiro dividida en dúas partes.

Pero ademais, tiveron tempo para debater e aprobar a realización dunha proposta de referendo de libros de texto e material escolar nos centros de ensino.

Para a reutilización dos libros de texto

A vindeira semana a Federación de Anpas da Costa da Morte rematará o deseño da Proposta para a implantación dun programa de reutilización de libros de texto.

E a razón de celebrar o referendo é debida, segundo denuncian, "á actitude retrógrada do goberno actual da Xunta e a que neste curso 2012-13 estamos a ver a delicada, ou directamente desesperada, situación económica en que se atopan as familias debido a crise social e económica, a insoportable taxa de desemprego e as reducións salariais".

Así, recoñecen que "as bolsas destinadas á axuda de compra de material son insuficientes para garantir, neste contexto, que todo o alumnado estea provisto dos libros de texto e material accesorio necesarios para levar a cabo as tarefas académicas do curso".
E diante desa situación, a Federación de Anpas da Costa da Morte pretende "promover unha reclamación diante da consellería de Educación e Ordenación Universitaria para que esa consellería organice un sistema de reutilización gratuíto dos libros de texto".

I Xornada de formación para Anpas

A xornada formativa desenvolverase o sábado 26 de xaneiro, se 17:00 a 20:00 horas no Pazo da Cultura de Carballo. A primeira parte irá destinada ás anpas e a segunda, ademais das anpas, será aberta a todos os membros da comunidade educativa e persoas interesadas.

Programa

De 17.00 a 18.30h: A xestión de Anpas (Lexislación; Funcionamento; Financiamento; Contabilidade; Protección de datos; Preguntas e suxestións).
Ponentes:
- Loli Fernández Vázquez, xefa do Negociado de Intervención da Universidade da Coruña, presidenta da anpa “Manuel Murguía” do IES Agra de Leborís da Laracha e membro do seu Consello Escolar.
- Pepe Bustelo Tarrío, licenciado en empresariais pola universidadede Santiago de Compostela, presidente da anpa “Fonte da Cristina” do CEIP A cristina de Carballo e membro do seu Consello Escolar.
- Jesús M. Domínguez Fernández, asesor dunha empresa de Protección de Datos de Carácter Persoal.

De 18.30 a 19:00h: Descanso de media hora.

De 19.00 a 20.00h: "A situación do ensino público". O presente: fortalezas e debilidades. O futuro: os cambios que pretende introducir a LOMCE. Debate aberto entre todas as persoas presentes.
Ponente: María Rei Vilas, Xefa de Estudios do IES Agra de leborís da Laracha, licenciada en bioloxía pola USC e Diploma de Estudos Avanzados en Didáctica e Organización Escolar pola UdC.

Novas relacionadas

Fonte