Axenda costeira para a ponte de decembro
Chega a primeira fin de semana de decembro, con ponte e todo, e o fai cunha Axenda Costa da Morte variopinta. Pintura, teatro e música comparten protagonismo coas festas e o senderismo. Pero antes de repasalas citas, lemos aos amigos de 4gotas, que nos mandan o exclusivo parte meteorolóxico costeiro:
A fin de semana e a ponte na Costa virá marcada pola presenza anticiclónica. Pero ollo, anticiclón non é igual a sol. Falaremos de ventos do nordés durante boa parte da ponte, que achegarán nubes e chaparróns puntuais especialmente aos arredores de Malpica e tamén no interior. Esas chuvias serán máis frecuentes o venres. Moi espalladas o sábado e volverán a aparecer na madrugada do luns, xa que o vento rolará no domingo ao noroeste.
Entre Fisterra e Muros, predominarán os claros e esas chuvias serán moi intermitentes (ou nin chegarán) o venres e na madrugada do luns, sendo seco o resto da fin de semana.
As temperaturas serán baixas. Non pasaremos dos 13-14ºC en toda a ponte.
Unha Exposición por riba de todo
A cita muxiá coa Exposición Colectiva Miradas 3 parece a cita máis importante da fin de semana. 34 artistas se xuntan para concertir Muxiá no centro artístico da Costa da Morte, cunha inauguración na noite do venres máis que interesante.
O venres, tamén teremos teatro e música
Pero haberá máis cousas na noite do venres, que podemos comezar cunha sesión de Teatro en Malpica con Rabadiero Promocións. Polo sur, teremos o Concerto de Alan Louzán Project en Cee e tamén a festa polo 30 anivesario do disco pub Nerio, un dos míticos centros da movida ceense.
Sábado de música e festas
Doble cita para as Festas da Inmaculada de Xornes. O sábado con doble orquestra e tamén o luns 8, cunha actuación musical.
Pero tamén teremos un bo Concerto do vimiancés Serj en Cee.
Un domingo cos trasnos
E para pechar a fin de semana, nada mellor que disfrutar da 8ª e última etapa do Camiño dos Faros, que une Nemiña e o Faro Fisterra. Ademais, ao remate, farán a festa de despedida, todo un evento ao que xa hai apuntados máis de 150 persoas!!
Máis información
Tendes toda as citas debulladas en:
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).