Axenda cultural da Costa da Morte da fin de semana

Hai unha cita esta fin de semana que non se pode perder. A sesión poético-musical que a ceense María Lado e a coruñesa Lucía Aldao traerán a Cee. O seu espectáculo "Imbéciles e escuras" non ten perda.

Ademais, hai música, o Pub A Ventana de Laxe acolle unha noite de Fados co grupo En clave de Fado.

E moito teatro estes días, como en Carballo o venres, en Cee o sábado e en Vimianzo o domingo.

Poden ollar todas estas actividades en www.axendacostadamorte.com.

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).