Axenda da fin de semana do San Martiño
Chega cargada esta segunda fin de semana de novembro. I é que non ten parada a bisbarra, e cine, teatro, música, xogos e mesmo festas, pois estamos de San Martiño.
I é que xa o di a palabra, "Polo San Martiño, salta o peón ao camiño", e así queremos destacar a proposta dende Ponteceso co Festipopeóns, que segue a liña de recuperación do patrimonio etnolúdico galego.
E volven as festas da man do San Martiño, como Festas de Lariño, as Festas de Olveira ou as Festas de Vilaseco.
Unha fin de semana esta na que se celebrará a homenaxe polo 122 aniversario do naufraxio do Serpent, cunha tremendamente emotiva cita na noita sabatina no mesmo cemiterios dos Ingleses.
Pero hai moitas máis cousas. En clave musical todas as miradas estarán no Festival de Rock Live in Cances, o gran escaparate para as bandas locais. En Carballo tamén celebrarase o festival "Sons de Aquí", con moita música tradicional. En Vimianzo, ademais teremos unha mostra soa músicos de Vimianzo.
Teremos tamén moi interesantes concertos en Laxe con sons roqueiros e mais en Cee máis metaleiros. Ademais, poderemos ir escoitar a guitarra de Rubén de Lis a Corcubión e disfrutar co seu gusto polo house o sábado en Cee.
Hai tamén citas gastronómicas, como o Magosto de Carnota ou o Magosto de Muxía.
Non faltarán as citas teatrais, cun monólogo en Cee e unha de teatro local tamén na vila da Xunqueira; nin cinematográficas, como a cita en Corme con Burt Lancaster.
Os nenos tamén terán os seus momentos, cun divertido monólogo en Cee, cunha sesión de contacontos en Vimianzo; e unha cita con Galego de cine en Carnota.
Hai tamén unha cita con sendeirismo da man de Senda Nova entre Laxe e Santa Mariña.
E ademais, durante esta semana hai unha exposición en Corcubión con 15 cartas de amor contra a violencia de xénero.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).