Axenda de enterros da fin de semana na Costa da Morte

As citas festexeiras da Costa da Morte teñen un foco de atención nos finais de Entroido. E Malpica é o Concello que máis celebracións fará. Unha das máis singulares será o Entroido de Buño coa Mikaela, que terá lugar o sábado 25 de febreiro. E para o domingo a troula marcha cara a parroquia de Seaia, onde celebrarán o enterro do Farruco. Tamén en Laxe haberá que enterrar ao Caietano noutra cita dominical que non se pode perder.

Tamén haberá cita carnavaleira en Muxía, onde a clásica Ruta dos Pinchos compaxinaranse co Enterro da Sardiña.

Pero hai máis cousas interesantes esta fin de semana. Citas musicais como a que en Muros con Marful, que se combinará ademais con tradición e gastronomía; ou o concerto de Terbutalina en Esteiro, un concerto en Carballo; un pouco de teatro en Vimianzo ou a Festa da Orella de Baíñas.

Poden ollar todas estas actividades en www.axendacostadamorte.com.

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).