Axenda festexeira da fin de semana de San Antonio

Fin de semana de San Antonio na Costa da Morte, e isto xa é verán. De feito, en Cee, e mira que hai fins de semana no ano, dúas festas... A parroquia ceense de Xallas celebra o San Antonio, e ao outro lado do Concello, Brens celebra o seu potente Corpus.

Ademais en Muxía tamén hai Corpus, e na noite do venres tocarán os rapeiros da zona Locos Costeños.
E en clave de festa pasarán a fin de semana en Buño, con 3 días de San Antonio, igualmente.

Pero non só de festas vive a Costa. Tamén teremos concertos en Carballo, venres e sábado; teremos o aglutinador Festival da radiONeria en Corcubión ou unha nova festa temática no Celme vimiancés.
Tamén en Vimianzo, unha das últimas propostas do programa teatral.

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).