AxendaCostadaMorte: De festa en festa
É esta segunda de agosto, unha das fins de semana máis potentes cultural e festexeiramente de todo ano na Costa da Morte. Impresionante, non dá feito a #AxendaCostadaMorte, con toda clase de propostas: mostras de artesanía, festas verbeneiras, teatro, cine, feiras históricas, citas gastronómicas, e ata un dos festivais máis auténticos do ano.
O xoves xa temos ducias de cousas que facer, pero repasamos completa a fin de semana.
VI Mercado das Rutas do Mar
A festa histórica pona desta volta Muxía, cun mercado mariñeiro que xa é referencia tras 7 anos de historia. O VII Mercado das Rutas do Mar de Muxía chega afianzado como unha das citas do verán, cun pobo volcado, auténticamente engalanado como a vila mariñeira que é pero ambientada varios séculos atrás, e con actividades pola rúa durante todo o sábado e todo o domingo.
Ademais por Cabana, tamén teremos a Feira Medieval de Rioboo.
De festa en festa
E como non podía ser doutro xeito, temos festas verbeneiras a barrer esta fin de semana. Comezamos por unha das festas de festas do verán, a Festa da Fervenza de Mazaricos, que traerá á Panorama á zona. E seguimos polas Festas de San Mamede, as Festas de Vimianzo, as Festas do Carme de Sardiñeiro, as Festas de Santa Filomena de Buño, as Festas de San Clemente do Pindo, Quilmas e A Curra, a Festa da Trabe de Ponteceso, as Festas do Sacramento de Nemeño, ou Festa da Praia Langosteira en Fisterra na noite do sábado, coincidindo ademais co Mercado Medieval Peregrino que tivo que suspenderse a fin de semana do accidente de tren de Angrois.
Noite de Encantos
Como dicimos, un dos festivais máis fermosos do ano é a Noite dos Encantos na Furna do Osmo, en Corme. A espectacular paraxe, só en baixamar, permite facer un festival de música cheo de simbolismo.
Olería e Artesanía
Sen dúbida, unha das citas destas datas é a XXX Mostra de Olería de Buño, que fai do barro unha verdadeira arte e un motor económico. E velo en vivo e en directo nesta recta final da Mostra, é máis que interesante. Ademais, unha boa ocasión para darlle á túa cociña ou á túa un aire galego artesán.
Tamén haberá artesanía no Faro Vilán. Durante os próximos sábados de 17.30 a 20.30h estará unha palilleira de Camariñas facendo encaixe na sala de exposicións. E na tarde deste domingo 11 de agosto teremos a Teodoro Pensado Gerpe, veciño de Camariñas, facendo barcos de madeira, dos que tamén se pode ver diferentes exemplos das súas obras en exposición na cafetería e pequena tenda de recordos do Faro Vilán.
Citas Gastronómicas
A gastronomían tamén será protagonista esta fin de semana. A VIII Festa do Porco Celta de Corcubión vén máis completa que nunca. Máis ao sur teñen dous días da Festa da Navalla de Muros, e polo norte a V Ruta do Mexillón de Ponteceso. E para a mañá do domingo, temos unha feira distinta pero auténtica, o Mercado Ecolóxico de Quilmas.
Citas culturais
E non todo van ser orquertas. Teremos tamén música tradicional, habaneras, teatro… Comezando pola actuación de Talía Teatro na Semana das Artes Escénicas de Cee, ou a Noite de cine do venres e a Noite de teatro do sábado de Malpica. Corcubión acollerá unha interesante proxección de documentais, Laxe celebra o XIV Festival de Gaita Tradicional Galega, Corme o Festival de Habaneras e Vimianzo acolle a presentación do novo disco da Coral Polifónica Neria.
Ademais o domingo, ruta de sendeirismo por Malpica.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).