#AxendaCostadaMorte: Música, cestas e omito teatro para pechar xaneiro

Nova fin de semana, a última de caneiro, e chega de novo con poucas opcións, pero variadas. Teremos concertos, teatro e ata festas!! Pero antes, repasamos o parte meteorolóxico da man dos compañeiro Carlos Balseiro, de 4Gotas:

Na fin de semana o ansiado anticiclón non chegará a protexer de todo a Galicia. No venres predominarán as nubes. Con ventos de mar a terra achegarán moita humidade, pero non choverá polo día. Na noite algún orballo pode chegar e na madrugada do sábado si que choverá. Serán chuvias febles ata o mediodía.
Entre a tarde do sábado e media mañá do domingo seguirán os ceos cubertos e malia que se poidan escapar 4gotas, serán moi pouco importantes.
A partir de media mañá do domingo chegarán chuvias. Serán as máis importantes da finde malia que non acumularan grandes cantidades.
A temperatura seguirá a ser suave, agás a noite do sábado que será fresca.

Música, teatro e festas

E comezamos a golpe de teatro pois en Carballo empezan os Venres Culturais e o fan con unha obra nada menos que de Quico Cadaval, e actores bergantiñáns como Víctor Mosqueira ou Santi Romay. A cita con ”Da Vinci” será o venres ás 21:00h.
A noite pode continuar en Corcubión co concerto de Smoke, unha banda de versións pop-rock de sempre. Pero tamén o fará en Vimianzo coas Grandes Festas de San Vicenzo.

Para o sábado será en Muros onde teña lugar a obra Da Vinci, mentres que en Lariño toca obra de teatro cunha Comedia Bífida.

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).