Carballo baila o Happy
14 de agosto de 2014 (17:00 h.)
Que fresco, que divertido o novo vídeo que vén de presentar Visualk Vídeo onte en Carballo. A cita de presentación foi no Xardín municipal, ateigada de xentes, moitos dos protagonistas do vídeo.
Un vídeo que recolle a fantástica canción de Pharrel Williams, “Happy” e a leva polas rúas carballesas. Un vídeo que chega enmarcado nun movemento mundial creado arredor desta canción que rebosa felicidade. Na gravación participaron veciños e veciñas de Carballo de diversas idades que se prestaron a colaborar dun modo desinteresado,. As gravacións realizáronse en diferentes espazos de interese turístico do municipio para a promoción do noso territorio.
Happy from Carballo from Visualk Video on Vimeo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).