Carballo dá a lata ao aire libre polo verán

Non dá respiro o Concello de Carballo en materia cultural. Non acaba un programa e xa está en marcha outro. Xa en temporada estival, toca programa Verán Cultural 2015, e durante os meses de xullo e agosto teremos ata 12 citas culturais e de lecer relacionadas coa música, o teatro ou a danza os venres e sábados dos meses de xullo e agosto cunha única premisa: aproveitar o aire libre e o verán para gozar de balde dunha programación para todos os públicos.

O orgrama xa arrincou o pasado venres con "Humor Calvo", da man de David Amor e con Álex Clavero e Fran El Chavo no Praza do Concello. E continúa con todas as citas do Festival Dando a Lata, que van dende un concerto con folk, rap, hip-hop e pop-rock con artistas como Samarúas, Rayden, Mediyama, Mesh e Darwin o venres 10 de xullo.

Nada mellor que as propias citas para falar por si mesmas:

Máis información

Fonte