A Casa do Pescador de Malpica acolle este sábado a presentación do libro "Os doce faros da fin do mundo"
02 de xullo de 2025 (08:25 h.)
O Fogar do Pensionista da Casa do Pescador de Malpica de Bergantiños acolle este sábado, ás 20:30 horas, a presentacion do libro "Os doce faros da fin do mundo", escrito por Txema García Paredes.
Esta é unha obra que conta coas ilustracións de Ana Ruiz e traducido por Laura Castro Álvarez. O deseño correu a cargo de Abraham Vila Villar.
"Os doce faros da fin do mundo" fala de Galicia e da Costa da Morte onde "a luz dos faros alumea como unha constelación de estrelas na penumbra da noite. Alí onde centenares de navíos descansan no fondo dun mar tan xeneroso como implacable".
O libro forma parte da Colección Mallas de Area que iniciou Héctor Pose con "Corpos no Mar".