Cosal Costa da Morte anima a participar en campañas por Palestina

Esta semana arrincaba unha campaña do BNG Costa da Morte de recollida de alimentos para Palestina. En sintonía ca mesma, o Colectivo COSAL Costa da Morte, que coñece a problemática en primeira persoa como nos contaron dende Equipaxe de man, que animar á veciñanza a participar nas campañas de solidariedade nestes tempos tan tremendos para o pobo palestino.

Consideran da maior importancia a colaboración con BDS-Galiza, pois semella que só o boicote, o desinvestimento e as sancións contra Israel signiican, a día de hoxe, un castigo que a comunidade internacional non parece disposta a impór. Na páxina http://www.bds-galiza.org/>www.bds-galiza.org están á vosa disposición as últimas novas sobre a situación palestina, así coma o enlace coas campañas de boicote académico, cultural, deportivo... nas que cada sinatura conta.

Informan tamén sobre as campañas de recollidas de medicamentos para Gaza que levan a cabo diversas organizacións:

  • Asociación Médica Hispano Palestina: mais continúan recollendo materiais, agora tamén en Galiza.
  • BNG na Costa da Morte: até o 10 deste mes, diversos puntos de recollida. É, probabelmente, a alternativa máis cercana para a maioría, pois hai varios concellos con punto de recollida.
  • A unrwa é a axencia da ONU que ven décadas atendendo a poboación reuxiada palestina, e das poucas organizacións que logran traballar en Gaza e a autorización para recibir materiais do exterior. Chamamento ante a emerxencia actual.

Novas relacionadas

Fonte

  • Cosal Costa da Morte.