Venres. 19.04.2024
El tiempo

Ata Cee celebrou o Día da Nakba por Palestina

Ata Cee celebrou o Día da Nakba por Palestina
Chicha-e-Viki-lembrando-o-Dia-da-Nakba

"Algo estaremos facendo ben ou algo estarán facendo mal se ata en Cee, na Costa da Morte, se celebra o noso Día da Nakba", espetaba o bo de Mohamed Safa ao entregado público que onte acodía ao Colonial Café de Cee para celebrar a data da catástrofe Palestina.

Foi unha cita tremendamente emotiva na que ata saltaron as bágoas. Artellada polo colectivo COSAL Costa da Morte, no marco da campaña de BDS-Galiza (Plataforma polo Boicot, Desinvestimento e Sancións a Israel), o Colonial encheuse para recordar que un 15 de maio de 1948, o exército israelí tomou Palestina. Dende aquela, os palestinos celebran o Día da Nakba, ou Catástrofe, coa ollada posta no futuro.

Foi Viki Rivadulla a que presentou o acto. Un verdadeiro luxo que dous motores da bisbarra como Chicha Martínez e a muxiá tomen contacto. Rivadulla valorou o compromiso de xente como a de COSAL, e deixou claro que nunca seremos un país desenvolto se permitimos que pasen cousas como a ocupación palestina.

Tras ver a "Película Urxente por Palestina, grabada no 2011 por Alberte Pagán nunha expedición costeira que visitiou os territorios ocupados no verán de 2011, era tempo de poesía. A que recitou Viki Rivadulla, con poemas de Uxío Novo Neira á liberdade, ou a da carballesa Rosalía Fernándezao medo. Viki rematou Mahmud Darwish, palestino que vén sendo da "mesma cofradía da poesía" que Xaime Trillo, que tamén leu un poema del pola identidade árabe, e un par de poemas, palestinos pero da colleita da súa leira.

Xaime-Trillo-recitaou-a-Darwessh-e-tres-poemas-da-sua-leira

Chicha Martínez explicou o sentido do acto e máis as campañas que están en marcha a través de BDS-Galiza. A primeira, a Declaración institucional do Parlamento de Galicia sobre o pobo palestino, unha loita que leva moitos anos en marcha e que se facía pública onte mesmo.
E outras campañas, como a do boicot ao concerto que a vindeira semana realizará a cantante israelí e sionista Noah na Cidade da Cultura, tras celebrar onte mesmo o Día da Nakba, pero como día da liberdade de Israel. I é que cómpre non confundir antisemitismo con antisionismo, que aquí os únicos que utilizan a relixión como argumento para ocupar son os sionistas.
BDS tamén continúa intentando que a Xunta non realice un comic que ten como protagonista a Sefir, en alusión ao Sefarrad, e que pretende sensibilizar ás manipublables crianzas para establecer lazos con Israel. "Mentres deixen de facer estas cousas cos nenos, nós non queremos que os nosos collan vinculación cun estado así", dixo Chicha dando paso a este tráxico vídeo vídeo grabado non hai nin un mes no que varios menores son apresados polo exército israelí.

A Chave da ilusión e un pouco de blues

Mohamed-Safa-falou

Tomo a palabra un Safa que chegaba tras unha completa semana de actos. O sábado estivo en Ponteareas dando unha conferencia, e que viña directo de inaugurar unha aula sobre Darwish na Escola de Idiomas da Coruña. Non para de espallar, de amosar ao mundo a problemática do seu pobo, e o fai dun xeito que remove conciencias.
"Levamos máis de 60 anos así, e pensaban que non iamos aguantar tanto tempo. E mirade, aquí estamos, ata en Cee, na Costa da Morte, celebrando esta data". Safa fixo ademais alusión á "Chave", ese símbolo de toda a traxedia Palestina e da súa resistencia. Pero falou, como fai sempre en clave de esperanza: "Sei que o mañá é noso, non para construir un imperio, pero si para ser libres. Os negros non naceron para ser esclavos, e do mesmo xeito, a ocupación non é o destino dos palestinos.

Tomou a relevo o blues, da man de dous dos membros da expedición costeira que visitiou os territorios ocupados no verán de 2011. Professor Turnes & Rafa Mississipi, dous dos costeiros que estiveron en Palestina, puxeron un toque de ilusión e esperanza, con varios temazos, entre eles o "Walk on", unha especie de "tira palante que viña moi ben ao caso.

Turnes-e-Mississipi-puxeron-blues-no-Dia-da-Nakba

Sen máis, deixámovos cun par dos vídeos que se proxectaron onte no Colonial Café.

Poema "Nós ensinamos vida, señor"

Impresionante relato dunha xefa de prensa palestina durante os bombardeos sobre Gaza da Operación Chumbo Derretido do 2011.

Película Urxente por Palestina

Película filmada durante a expedición costeira de COSAL en Palestina durante o 2011 por Alberte Pagán.

Película urgente por Palestina (galego) from Amaro Ferreiroa on Vimeo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de COSAL.

Comentarios