A galeria Monolo Eirín estrea a exposición "O futuro será prehistorico" cunha sesión vermú
A Galería Manolo Eirín (rúa da Estrela, 17 de Carballo) presenta unha experiencia cultural diferente este sábado a partir das 12:00 da mediodía. Unha sesión vermú con música en directo a cargo dunha DJ, para celebrar un encontro cos artistas e achegar ao público a súa nova exposición colectiva de arte "O futuro será prehistórico".
Os asistentes poderán gozar de aperitivos e bebidas ao aire libre na súa terraza, aproveitando o bo tempo, mentres visitan a mostra de arte contemporánea nun ambiente próximo, acompañados dos propios artistas.
"O futuro será prehistórico" reúne obras de Pablo Maojo (1961, Villaviciosa), Manuel Tuset (1997, A Coruña), Peter Kramer (1959, Roskilde), Eirin (1967, Finisterre) e Vari Caramés (1953, Ferrol), propoñendo unha reflexión sobre o tempo, a memoria e a artesanía ancestral dende a mirada contemporánea.