Hai vida na Casa do Pozo

Finalmente, o fantástico éxito da Semana Santa, permitiu facer realidade un produto creado polos alumnos-traballadores do Obradoiro de Emprego Proturismo, desenvolto entre Santa Comba, Dumbría e Mazaricos. Así, xa está aberta a posibilidade de facer visitas guiadas á Casa do Pozo, para grupos de mínimo 10 persoas.

A fermosa posta en escena, os traxes, así como a intensa teatralización e a cantidade de contidos interesantes afianza este novo produto de Turismo Creativo “Pegadas na Terra do Xallas”.

Para facer reservas poden chamar ao 663 202 251 ou en proturismo.terradoxallas@gmail.com..

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).