O BNG presume de país

Arrinca unha nova campaña o BNG a nivel galego, e os responsables do grupo na Costa da Morte tamén a levan adiante. “Que non che coman o coco. Temos un país de primeira” é o lema da campaña, que trala de “apelar á autoestima de ser galegos e galegas cun país capaz de gobernar o seu futuro e desmontar o “falso discurso” dunha Galiza subvencionada, pobre, que non pode valerse sen a muleta do Estado”. A campaña do BNG “desminte con datos concretos a recorrente falacia da solidariedade estatal”.

Considera o BNG que “Galiza recibe menos do que aporta ao Estado vía impostos, como demostra a última balanza fiscal que mostra unha recadación de 7.213 millóns de euros fronte a un investimento de 5.891millóns de euros. Igualmente, o país recibe tres veces menos fondos europeos que Madrid, pese a que son para a cohesión territorial e a renda e as pensións galegas están á cola do Estado”.

Así mesmo entende que “en materia enerxética Madrid “é un burato negro” que absorbe a produción de electricidade, sen que as industrias ubicadas en Galiza se beneficien dunha tarifa eléctrica propia dun país produtor e exportador de enerxía. Mentres, as autoestradas galegas, dependentes do Goberno central, encabezan a lista das máis caras, e viaxar de Ferrol a Tui case duplica o custe de viaxar a Madrid”.

Critican tamén a “peor evolución da relación créditos concedidos a familias e empresas con respecto aos depósitos nas entidades financeiras. E o abandono do goberno central cando se trata de defender os intereses dos principais sectores produtivos, -agro, pesca e naval-“.

”As autoestradas de Galicia figuran entre as máis caras do Estado, e a reconversión das caixas en bancos supuxo unha gran perda da capacidade de aforro no últimos cinco anos”.

Por todas estas razóns, o “BNG reclama poder xestionar a pesca ou a construción de estaleiros, así como para poder abaratar o custo do combustible, dada a presenza dunha refinería en Arteixo”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG Costa da Morte.