O CEIP Canosa-Rus organiza un concurso de curtas para os centros educativos

O mundo dixital está de noraboa. Tras o éxito do Carballo Interplay e da organización da segunda edición dos Premios Fouciño de Baio, súmase un concurso de curtas organizado polo CEIP Canosa-Rus, de Coristanco. O Festival dos Soñadores está aberto a todos os centros educativos e alumnado da comunidade. O prazo de inscrición está aberto ata o 21 de maio de 2017. O 25 de maio publicaranse os finalistas e o 6 de xuño terá lugar a entrega de premios aos gañadores de cada unha das categorías no Pazo da cultura de Carballo. A curta terá que estar publicada en Youtube ou Vimeo e terá que estar realizada durante os dous últimos cursos académicos. Toda as curtas terán que ter Licenza Creative Commons (CC). A participación estará limitada a un máximo de 100 curtas. A película preferentemente utilizará o idioma galego e preferirase que a duración non supere os 10 minutos, incluíndo os créditos. Categorías Haberá premio para a mellor obra de ficción; a mellor animación; o mellor documental; o mellor guión orixinal; a mellor curta de secundaria. No caso de que non haxa unha participación mínima de 10 curtas nalgunha das categorías o premio poderá quedar deserto. O premios consiste nun trofeo deseñado polos alumnos e alumnas de educación infantil do CEIP Canosa-Rus.     Máis info www.festivalsonhadores.gal Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • CEIP Canosa-Rus