O EFA Fonteboa escollerá os mellores Beléns escolares
Seguro que o Belén de Corcubión sacaba boa puntuación no Concurso de Beléns que organiza o Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa. Pero esta actividade, xa consolidada pois este ano xa vai VI edición, está pensada para todos os alumnos de Educación Secundaria Obligatoria que o desexen, ben individualmente ou en equipos.
O coordinador desta interesante actividade é o profesor do centro Gumersindo Capelo, dotado de abundante arte e maña para a concepción e a realización deste tipo de composicións. E para incentivar aos alumnos a participar, o EFA xa presentou os seus dous grandes beléns e contou ademais coa propia Asociación Belenista San Marcos, de Corcubión, que mantiveron unha charla cos escolares para transmitirlles as súas experiencias e resolver as súas dúbidas.
Trátase dunha actividade integrada nas materias de Plástica, Tecnoloxía e Relixión e a maior parte das maquetas foron elaboradas nas respectivas casas co apoio da familia e aproveitando, nalgúns casos, materiais en desuso. Durante as últimas dúas semanas había expectación na comunidade educativa para ver que belenes incorporábanse diariamente á exposición colocada na entrada da zona de aulas. Chegouse ao medio centenar de creacioines en grao sumo orixinais en canto deseño, materiais e elementos aportados á representación.
Este martes, ás 13 horas, está convocado o xurado do certamen para valorar os traballos e decidir os ganadores. Non o terá facil o xurado, pois hai calidade nas pezas presentadas.
Participan no xurado o capelán do centro, Albert Penella, o carpintero de Rececinde (Coristanco) Manuel Fernández, o comandante retirado José Manuel Gonzalez agora residente en Valenza (Coristanco) e que durante varios anos estivo destinado no Museo Militar da Coruña, onde realizou un importante labor de catologación de obxectos e realización de maquetas. Teresa Dosil, profesora de primaria do CIP Xosé Pichel tamén formará parte do xurado, ademais de Javier Varela, en representación de Carrefour, entidade que colabora na organización do concurso.
Exposición en Carrefour
Ademais de colaborar nos premios, Carrefour de Corsistanco cede unha sala para a exposición dos Beléns premiados e algúns outros máis, durante todo o periodo de nadal. E cada un dos participantes lucirá na súa casa, na igrexa ou no centro social da parroquia a construción realizada.O Belén de Corcubión
[video width="720" height="480" mp4="/media/quepasanacosta/files/2017/12/18/Belen-de-Corcubion.mp4"][/video]Novas relacionadas
- O EFA Fonteboa saca a clave positiva do minifundismo.
- María Bella sobre o Belén de Corcubión: AMARE.
- Decembro 2016: O Belén itinerante de Corcubión.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).