O Nadal chega á #AxendaCostadaMorte

O Nadal entra de cheo na #AxendaCostadaMorte. Chega unha fin de semana cargada de encontros, reunións familiares e algunha que outra actividade cultural e de ocio. Todo aderezado de bo tempo, tal e como indica o parte costeiro de 4gotas.com. Todo apunta a que a última semana do ano virá seca en toda Galicia. Centrándonos nesta fin de semana, hoxe haberá moitas nubes e orballos entre Fisterra e Muros. Mañá xa irán a menos as nubes e pola tarde lucirá o sol en case toda a Costa. Nese litoral será onde duren máis as nubes. O día de Nadal lucirá o sol durante todo o día. As temperaturas serán agradables. Hoxe e mañá con mínimas nos 10 grados e máximas entre 13 e 15 grados. O domingo haberá máis amplitude térmica. Mínimas no interior por baixo dos 7-8 grados e máximas de 14-17 grados. No mar haberá ondas de mar de fondo de 4-5 metros ata o domingo cuando quedará bastante máis baixo. Monólogo Festas
  • En Laxe celebran hoxe a festa do Emigrante cunha verbena a cargo da orquesta La Fórmula e unha disco móbil.
  • Na parroquia vimiancesa de Treos honran este luns, día 26, a santa Lucía. O grupo D'Moda amenizará a sesión vermú e compartirá escenario á noite co dúo Libertad.
Concertos Exposicións 
  • O edificio de servizos múltiples de Muxía acolle ata o 8 de xaneiro a exposición colectiva Miradas V.
  • A tenda Stoupa (siuada a 100 metros do cemiterio vello de Cee) acolle a exposición “Stoupidos 2016” na que os protagonistas son as distintas pezas de artesanía creadas por artistas da bisbarra.
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, hoxe de 11 a 19 horas, mañá sábado de 11 a 18 horas e o domingo, día de Nadal, estarán pechadas.
Outras citas
  • Héctor Pose presenta hoxe ás 20:30 horas o seu último libro “Mar de Invernía” no Casino de Carballo; situado na rúa Vázquez de Parga, 1.
Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)