O outono chega á Biblioteca Rego da Balsa

Para os mais pequenos habera novas sesions de contacontos Contacontos, faladoiros, obradoiros, proxeccións e libros son os principais ingredintes da programación de outono que acaba de dar a coñecer a Biblioteca Rego da Balsa de Carballo, situada na rúa Bos Aires. Todas as citas, que serán entre o 1 de outubro e o 1 de decembro, son de balde ainda que algunhas precisan inscrición previa. Entre as novidades, hai que subliñar o comezo do ciclo "Avoas e avós contan...", que, na mesma liña que o "Nais e pais contan..." fará que os máimaiores da casa se animen a contarlles historias aos máis cativos e cativas. Ademais, para axudarlles a perder o medo, os interesados e interesadas poderán participar no obradoiro "Mil e unha historias para contar", no que aprenderán técnicas para transmitir os contos de antes ás xeracións de agora. Os obradoiros forman tamén parte fundamental da programación. Este trimestre con especial atención ao FIOT cos obradoiros de Pequexornalistas do Fiotiño, pero tamén cun taller moi especial que impartirá Emi de las Heras, da asociación Crea Formas nunha "Viaxe ao mundo da arte". Os participantes poderán fomentar a súa sensibilidade artística cun percorrido dende as pinturas máis antigas ata a arte contemporánea. Será os sábados pola mañá. Tamén haberá cun obradoiro de "Percusión consciente" para todos os públicos, incluídos os adultos, con tambores, paos de choiva e outros instrumentos que nos farán vibrar ao ritmo do noso corazón, sentindo cada nota. Presentacións literarias As presentacións literarias non podían faltar con autores como Susana Sánchez Arins que presenta o seu poemario "Seique"; Paco Souto e Verónica Martínez con literatura erótica e "Ode à Madison Ivy", con dous poetas que dominan este xénero literario tan apaixoado; e repetimos con Paco Souto que presenta "E caín", o libro co que o autor celebra os 30 anos pasados dende o seu primeiro recital. Unha obra moi especial que mestura mitoloxía, erotismo e escrita. Volven tamén os contacontos polas tardes para os máis cativos e cativas. Haberá varias proxeccións de varias pezas audiovisuais, faladoiros de temáticas variadas, que van dende o mundo dos negocios ata as manualidades pasando por unha viaxe polas nosas asociacións tradicionais con Arume de Berdillo. E, como vén sendo tamén habitual, hai tempo para conmemorar as datas sinaladas, con actividades para conmemorar o día das Bibliotecas e tamén o aniversario das instalacións da Rego da Balsa, o 24 de outubro; ou obradoiros especiais con motivo do Samaín.  

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo