O Pazo da Cultura e os bares abren as portas do FIOT

04 de outubro de 2018 (06:40 h.)


Rúa dos contos e Teatro de Rúa
O venres haberá dúas sesións da Rúa dos Contos, na Cervexaría Ágora ás 21.00 horas, con Lois Pérez e ás 23:00 con Cándido Pazó, na Cafetería Valle Inclán. O sábado 6 de outubro terá lugar unha nova sesión de Teatro de Rúa, será ás 20.00 horas na Praza do Concello, co grupo circense Erori. O sábado tamén terá lugar unha actuación no Mercado Municipal, ás 21.30 horas o dúo arxentino Sutottos ofrecerá “Inestable”. Para completar o sábado, ás 0:00h las Antonias no Pub O Patacón, onde ás 00.00 horas e para pechar a fin de semana, monólogo na sesión vermú dominical, ás 13.00 horas na Cervexaría A Bombonera a cargo de La Mosca Valiente, que substitúen aos madrileños Chanson Mormon dadp que un dos seus compoñentes debe permanecer inmobilizado debido a un accidente de tráfico.Noite branca: O FIOTIÑO
Os máis pequenos tamén teñon o seu propio programa: O FIOTIÑO. Unha experiencia dende para que nenos e nenas de 6 a 12 anos poidan coñecer o teatro por dentro. Será como un minicampamento, con obradoiros e memo crearán unha pequena obra de teatro.
Novas relacionadas
“O FIOT recibe o premio da Cultura Galega de Artes Escénicas” — Que pasa na costa
“41 espectáculos reforzan unha edición do FIOT moi “millennial”” — Que pasa na costa
