Primeira fin de semana de outubro pero a #AxendaCostadaMorte non decae. O teatro (co comezo de varios programas teatrais de outono, ademais do incrible FIOT), e as citas coa risa, manteñen viva a bisbarra durante a fin de semana.
Parte de Meteogalicia
Despois da fantástica semana que levamos, o venres teremos un aumento da nubosidade a partir da tarde, como unha xornada de transición, que chega con certas nubes do Atlántico, que ptovocarán que pola noite xa teñamos os ceos pechados.
O sábado sufriremos o paso unha fronte que comezaría a travesar Galicia dende a nosa costa, deixando as primeiras chuvias a media mañá. Pero pasará rápido a fronte, deixando e xa pola tarde calmarase a situación. Durante o paso da fronte baixarán forte as temperaturas, e as máximas non chegará aos 20º.
O domingo parece que iremos recuperando a influencia anticiclónica, cun día de ceos anubrados, sen chuvias, e poderían ir abrindo os ceos, se ben as temperaturas non subirán. O cambio no mar darase o domingo cun aumento do vento (forza 4/5) e do mar de fondo (ondas de 3 a 4 metros), despois do paso da fronte.
Para a semana xa no teremos o anticiclón tan forte, pero parece que teremos outro pequeno anticiclón pero xa comezaremos a ter tempo inestable despois duns luns e martes relativamente tranquilos.
Tres días de vertixe nos esperan no Festival Internacional de Teatro de Outono de Carballo. Comeza a programación de sala ao tempo que abre a proposta gastronómica “Dalle un Bocado ao FIOT”, despois dunha primeira fin de semana de risas cos espectáculos de monólogos da Rúa dos Contos. Ademais, a Noite Branca do FIOTIÑO será outro dos puntos fortes desta fin de semana.