O teatro invade a #AxendaCostadaMorte
03 de novembro de 2017 (07:01 h.)
Teatro
- Teatro en Malpica. Malasombra Produccións trae hoxe ao centro Cívico de Malpica a súa obra "Os Rockenstein" dentro da Mostra de Teatro argallada polo concello e que vai xa pola súa trece edición.
- Teatro en Muros. O centro cultural de Muros acolle esta noite, ás 21:30 horas, o espectáculo "Un tonto en una caja".
- Teatro en Muxía. A compañía Fantoches Baj interpreta a obra "Os vellos non deben namorarse". A cita comeza ás 19:30 horas no salón de actos e está dirixida a todos os públicos.
- Teatro en Vimianzo. Mañá á noite volve o teatro á Casa da Cultura de Vimianzo dentro da programación cultural posta en marcha polo concello. Será o turno de Talía Teatro que vén coa súa obra "Ubú Rei". O espectáculo comeza ás 21:30 horas e o custo da entrada é de 5€ (2,5€ para estudantes e xubilados).
- Monólogo en Camariñas. Carlos Blanco actúa mañá, ás 21:30 horas, na casa de Pedra de Camariñas. O prezo da entrada é de 3€.
- Teatro en Ponteceso. A compañía A Panadaría trae mañá sábado, ás 22:30 horas, a súa obra "Pan pan" ao salón de actos do edificio das Escolas de Ponteceso. A cita emárcase dentro do XXIV ciclo de teatro organizado polo concello. A entrada é de balde e hai reservala previamente na tesourería municipal.
- Teatro infantil en Vimianzo. Os máis pequenos desfrutarán este domingo dunha historia de aventuras diferente, O sal do mar, interpretada por Teatro del Andamio. A cita comeza ás 18 horas na casa da cultura vimiancesa e a entrada é de balde.
Outras citas
- Homenaxe a Paco Souto. Esta fin de semana continúan en Malpica o programa "Novas crónicas de Malpica" que se enmcarca dentro do certame de poesía erótica Illas Sisargas e co o concello de Malpica e a asociación Caldeirón homenaxea a Paco Souto.
- Recital de Manolín. Hoxe, ás 20:15 horas, terá lugar na aula de conferencias da Casa da Cultura de Cee o 3º recital do ciclo “Sentimentos” de Manuel Oliveira, Manolín.
- Fin de semana cultural no RockCorner Bar de Cee, cun concerto para a noite do venres, e un recital poético costeiro para a do sábado.
- Charla arqueolóxica en Laxe. O Museo do Mar de Laxe acolle hoxe, ás 19 horas, unha conferencia que leva por título "A excavación arqueolóxica de Castrelo, situación actual e perspectivas de futuro" impartida pola arqueóloga co Castro de Castrelo, Carmen Álvarez. A actividade enmárcase dentro do programa Reláxese.
- Tamén dentro do programa Reláxese, mañá sábado haberá un taller de cociña ecolóxica impartido por Noa Vázquez e, como todos os sábados do mes de novembro, o mercado municipal acolle un mercado ecolóxico.
- Xornadas micolóxicas en Cee. A casa da cultura de Cee acolle esta fin de semana as XVII xornadas micolóxicas da Costa da Morte organizada pola asociación micolóxica Pan de Raposo.
- Magosto en Serantes. Os veciños desta parroquia laxense celebran mañá o seu tradicional magosto no local dos veciños. A festa comeza ás oito da tarde.
- Obradoiro de Regueifa: A Casa dos Veciños acolle na tarde do sábado un obradoiro de regueifa coa brava Lupe Blanco.
- XI Xuntanza de Palilleiras en Vimianzo. Unhas 550 palilleiras de toda a comunidade cítanse mañá, a partir das 10 horas, no pavillón da vila para demostrar os seus traballos e compartir experiencias.
- Arte na Rúa. Dende hoxe e ata o domingo a praza do concello de Carballo transfórmase nun escenario para acoller o ciclo "Somos rúa. Facemos arte". Os espectáculos - coordinados por Paula Cabaleiro - desenvolveranse durante a mañá e a tarde.
Exposicións
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas. Visitas guiadas gratuítas: sábado e domingo ás 12 e ás 19 horas.
- Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
- As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos e festivos (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.
Sendeirismo
- Outono en marcha. A asociación ambiental Senda Nova pon en marcha o outono cun roteiro de sendeirismo pola Laracha que leva por título "A senda das Capelas". A andaina é o domingo pola mañá.
Concertos
- Halloween Rock en Laxe. A Ventana de Laxe vive esta noite un "halloween" cargado de rock.
- Punkrock en Louro. Abanda SoZios a la FuerZa / Tributo a La Polla Records ofrece un concerto mañá no pub Muíiño de Louro, en Muros.
- Rock&Blues en Vimianzo. O Celme Café de Vimianzo acolle mañá un concerto de rock&blues a cargo de Carlos Campoy&Tequila Road. A cita comeza a media noite.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)