O teatro regresa á #AxendaCostadaMorte
03 de febreiro de 2017 (07:15 h.)
- Hoxe arranca programación que encherá de teatro, música e exposicións o Pazo da Cultura de Carballo durante os próximos meses. Baixo o programa dos "Venres culturais" posto en marcha polo concello de Carballo hoxe, a compañía Ibuprofeno Teatro representará a obra "Raclette". Será ás 21 horas e o custe da entrada ordinaria é 4€.
- A casa da Cultura de Vimianzo estrea mañá a programación de inverno coa obra "Os amores de Jacques o Fatalista" de Produccións Teatrais. A cita é as 21:30 horas e a entrada costa 5€ (2,5€ para estudantes e maiores de 65 anos).
- A compañía Os Quinquilláns Teatro leva este domingo a representación da obra "Cousas", de Castelao, á casa da Cultura da Picota (Mazaricos). A función comeza ás 17 horas e todos os asistentes recibirán un libro de agasallo.
- Na parroquia vimiancesa de Baíñas honran hoxe a san Blas. Ademais, dos actos litúrxicos haberá verbena.
- O pazo da Cultura de Carballo acolle ata o vindeiro domingo 19 de febreiro a exposición “Un mar de sensacións”. Chiña e Mon Lendoiro recompilaron os poemas publicados polo Semescom no ano 2012 para darlles forma plástica. Hoxe, ás 20:30 horas terá lugar o acto de inauguración. A mostra pode verse todos os días en horario de 17 a 21 horas.
- A casa de Man de Camelle acolle unha exposición de pintura naval. Baixo o título “Costa da Morte. Naufragios” Rosa Pereda e Rafael Lema recuperan as historias dos naufraxios máis importantes acontecidos nas augas da bisbarra. A inauguración terá lugar mañá sábado ás 12 horas.
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
- As Torres do Allo, en Zas, abren todos os sábados e domingos de 11 a 19 horas. Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
- O faro Vilán acolle ata o 26 de febreiro a exposición “Casa de Luz, grabados” de Mariano Castillo. Pode visitarse en horaio de 11 a 14 e de 16 a 18:3o horas.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.
- Laxe vivirá un mes de febreiro moi gastronómico grazas ao proxecto de desestacionalización turística posto en marcha polo concello. Mañá, ás 19 horas, terá lugar unha charla-coloquio con Benigno Campos - presentador do programa Larpeiros da TVG -.
- A fundación Eduardo Pondal de Ponteceso acolle a presentación do libro “Costa da Morte, crónica marítima” de Rafael Lema. O acto, que comeza ás 17 horas, está organizado polo GALP Grupo de Acción Local do sector pesqueiro e a fundación pontecesá.
- O Celme Café de Vimianzo acolle mañá sábado un concerto. A banda The Homelees será a encargada de repasar míticos temas do rock dos anos 70 e 80. A cita comeza á media noite.
- O monologuista Enrique Loyola esta este domingo, a partir das 20:30 horas, no Palacín de Cee. A entrada é de balde.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)