O teatro regresa á #AxendaCostadaMorte
30 de setembro de 2016 (06:15 h.)
- A inaguración oficial do FIOT será hoxe ás 21 horas no 2º andar do mercado municipal de Carballo onde a compañía catalá Manolo Alcántara interpretará a obra "Rudo". A programación en sala arranca o domingo, ás 21 horas, no pazo da Cultura coa representación da obra "Solicitudes". Un espectáculo de 80 minutos de duración da man de Kulunka Teatro.
- Rúa dos Contos. Hoxe,, ás 22.30 horas, A Barra Bar será o primeiro local en acoller unha obra da Rúa dos Contos, da man de Limiar Teatro, coa obra “Don Quixote. Unha comedia gastronómica”. A continuación, ás 12 da noite, Manuel Manquiña levará o seu “Humor á galega” (5 €) ao mesón do Pulpo. O sábado a programación vai desde a “Sesión Vermú” (13 horas na rúa Coruña ou A Barra Bar no caso de choiva) de Elvis Negro e Traskiband ata “Que contar sempre hai” de Celso Sanmartín (00.00 horas no café bar Colón).
- "Dálle un bocado ao FIOT". Este domingo, 14 locais hostaleiros ofrecerán pinchos por 2€ e almorzos por 3€ dentro da ruta gastrónimica que acompaña ao festival do teatro.
- Cee. Mañá arrancan na casa ca Cultura de Cee as citas programadas pola Fundación Fernando Blanco de Cee dentro do Mes da Fundación. Carlos Quintáns Eiras ofrecerá unha conferencia ás 20:30 horas sobre a arquitectura.
- Mañá arranca a programación do cultural para este outono que oferta o concello de Vimianzo. A cita será ás 21:30 horas no auditorio da vila onde a compañía Axóuxere Teatro interpretará a súa obra "A rúa do inferno". A entrada é de balde.
- En Camelle celebra hoxe as festas de San Miguel. Despois da misa terán sesión vermú co dúo Calú que comparte á noite escenario co grupo Ciclón.
- En Cerqueda (Malpica de Bergantiños) terán festas desde hoxe e ata o domingo. Hoxe a música correrá a cargo da orquesta Panamá e do grupo Garibaldi. Mañá será o turno do grupo Fama e da orquesta Saudade. O fin de festa será o domingo co grupo Guateke.
- O Couto (Ponteceso) celebran dende mañá e ata o luns festas do Sacramento. Haberá música de taberna, degustación de callos, a carreira "polo amor ao arte", música, xogos tradicionais e oficios relixiosos.
- A confraría do Pindo acolle mañá, a partir das 10 horas, o V simposium Monte Pindo baixo o título "A Memoria dos Fuxidos".
- II Rota Lugrís en Malpica. Este domingo partirá ás 10:30 horas do bar Pescador de Malpica a II Rota Lugrís - organizada pola asociación Caldeirón - na que se percorrerán as pegadas que deixou o pintor na vila.
- En Santa Comba (As Caselas) haberá este domingo unha xuntanza cabalar que xa vai pola sexta edición.
- Exposición no Faro Vilán: Hoxe é o último día para ver a exposición de pintura “50 Faros de Galicia” de Javier Toba.
- O centro cívico de Malpica acolle ata mañá a exposición artística “Aldeas sen Voz” composto por 139 fotografías de Vicente Ansola, 21 poemas e 9 relatos de distintos autores.
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
- As Torres do Allo, en Zas, poderanse visitar os venres, sábados e domingos de 11 a 19 horas.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)