Os pais e nais de Outes despídense do seu cole
racións contra o peche
Poucas esperanzas teñen os pais e as nais do CEIP Emilio de Navasqüés. O anuncio do peche do centro escolar do Concello de Outes, e a rapidez coa que a Xunta procedeu a levalo adiante, deixou sen armas a todas as familias afectadas. Unhas familias que entenden que a vía do diálogo nin está ni nunca estivo aberta, pero que manteñen a loita a través da Valedora do Pobo despois de ademais levar o asunto á xustiza da man dun grupo de avogados.
A realidade é que o máis probable é que non haia marcha atrás, pero “aínda nin nos rendimos nin estamos conformes co feito. Segue sendo unha inxustiza, ao ser poucas familias non podemos facer todo o que nos gustaría nin ser tan visibles…” explícanos unha das nais afectadas.
En todo caso, o colectivo de nais, pais e titores legais do CEIP Emilio de Navasqüés van facer un acto de despedida do centro este domingo 6 de agosto, a partir das 19:00h. Acto feito a petición da Comunidade Educativa co obxectivo de render homenaxe a institución educativa do Concello de Outes máis galardoada e antiga nas súas características.
Queren que sexa unha boa festa e invitan a toda a veciñanza a participar. No acto levaranse a cabo distintas iniciativas: • Proxección dunha recompilación de fotografías na que se plasmará a evolución do colexio. • Lectura de diversos textos realizados tanto por docentes como por nais e pais do centro, dende os seus inicios ata o momento actual. • Actuacións musicais do alumnado presente e pasado, así como de persoas que teñen ou tiveron algunha vinculación co centro. • Creación dun mural cos nosos pensamentos e opinións, cunha visión construtiva e cooperativa.
Ademais, contarán con petiscos a cargo da ANPA. Agardan ver moitas caras coñecidas e facer un verdadeiro encontro de “Navasqüeseiros”.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (Info@quepasanacosta.com).