QPC volve colaborar no II Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey
Como facemos co Certame de artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo, QPC é un dos medios colaboradores do II Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey que convoca o Concello de Fornelos de Montes.
Un xeito de fomentar o uso da lingua galega nos medios de comunicación que sempre reivindicamos como parte da Asociación de Medios en Galego.
O ano pasado o premio levouno Xoán Carlos Domínguez Alberte e este ano serán moitos os que intenten conseguir os 1.000€ do premio único.
Xa podedes enviar os seus artigos (en galego, nun estilo xornalístico de carácter divulgativo e/ou de opinión no ámbito da denuncia social e de entre 2.500 e 3.000 caracteres), antes do 30 de xuño de 2018, ben no propio Concello ou por correo certificado, en cuxo remite só deberá figurar o pseudónimo.
O veredicto será dado a coñecer na segunda quincena de setembro de 2018 directamente ao gañador ou gañadora e a través dos medios de comunicación. A entrega do premio terá lugar, salvo causas de forza maior, nun acto público no Centro Multiusos do Concello de Fornelos de Montes en outubro de 2018.
Novas relacionadas
Máis novas
- 2018: Convocada unha nova edición do certame de artigos xornalísticos sobre lingua do Concello de Carballo.
Fonte
- Redaccción de QPC (info@quepasanacosta.com).