Rosalía Fernández Rial e Mercedes Queixas, entre as gañadoras da Gala do Libro Galego da AELG

Foto de familia da Gala do Libro Galego 2017-Foto-Alba Sotelo

Un orgullo atopar autoras costeiras entre as obras gañadoras dos Premios da II Gala do Libro Galego 2017. A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) quere recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2016 en Galicia, con estas distincións, sen dotación económica, per cun grande componente de calidade.

A Gala, presentada pola actriz Iria Pinheiro, contou coa actuación musical do grupo De Vacas.

Entre as obras escollidas cómpre salientar a presencia de “Labrego con algo de poeta: biografía de Manuel María”, obra desenvolta pola coristaquesa de adopción Mercedes Queixas Zas e editada por Galaxia. O xurado estimou que é un Ensaio moi pedagóxica, de fácil lectura e moi divulgativa, con funcionamento moi exitoso nas librarías.

Na categoría de Iniciativa bibliográfica, a gañadora tamén é Bergantiñá. A gañadora é “Aulas sen paredes”, de Rosalía Fernández Rial, por Edicións Positivas. “A metodoloxía empregada e a introdución de linguaxe non verbal” foron os puntos máis destacados polo xurado. Trátase dun dos poucos traballos de didáctica probada en galego que serve para poñer en valor un xénero que non soe ser a primeira escolla polo que se inclina o lectorado.

Outras novas poéticas