Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os versos de Miro Villar musicados en clave indie

Os versos de Miro Villar musicados en clave indie

Así de ben soa a proposta musical do coruñés Nacho Mora, aproveitando os versos do poeta ceense Miro Villar. O soneto de Miro, "Foi nas Illas Lobeiras...", do poemario Ausencias pretéritas (Espiral maior, 1992), serve de para presentar o seu novo proxecto. Un disco que ademais busca financiarse a través dunha campaña de microfinanciamento colaborativo, o chamado "crowdfunding".

Deste xeito, xa podemos facernos "produtores" do traballo "Entre as zocas e os lóstregos" de Nacho Mora dende a plataforma www.mymajorcompany.es aportando 12€, e recibindo o CD se finalmente se conseguen os 4.000 que necesita para gravar e editar o disco. OU 20€ e recibirás o vinilo!

A Nacho, os amantes do rollo indie coruñés, xa o coñecen de vellas míticas bandas herculinas como Los Covers, Elephant Band ou MEU. Así, esto de mesturar versos tan galegos coa música indie perfílase, cando menos, moi novedosa, como reflexionan os compañeiros de letraenobras.
E Miro non é o único poeta que pretende ser musicado por Nacho, a idea tamén inclúe outros textos de poetas galegos, clásicos e contemporáneos, como Eduardo PondalRamón CabanillasÁlvaro CunqueiroCelso Emilio FerreiroUxío NovoneyraAna RomaníBaldo Ramosou Estíbaliz Espinosa.

A Miro xa o coñecemos da súa participación na vida cultural costeira, e na rede, a través do seu activo blog As Crebas.

Agora só nos queda aportar o noso grao de area para que este proxecto saia adiante.

Nacho Mora musica os versos de Miro Villar

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios